Que é a Guía Ninja do Ilustrador?
A Guía Ninja do Ilustrador é unha campaña da AGPI que quere achegar información práctica sobre os aspectos legais, profesionais e de mercado nos que se desenvolve actualmente a ilustración. O Decálogo Ninja é unha serie de 10 artigos temáticos sobre os retos e os perigos profesionais que rodean actualmente aos creadores gráficos freelance.
A quen vai dirixida?
A ilustradores, estudantes de arte, creativos freelance, clientes, amigos da ilustración e sobre todo ás persoas que comezan ou queren comezar na profesión.
Que obxectivos ten a campaña?
• Informar sobre as condicións xurídicas e de mercado nas que se desenvolve a profesión.
• Compartir coñecementos e ferramentas para manter unhas condicións profesionais dignas e protexerse de prácticas abusivas.
• Orientar a ilustradores e clientes nas boas prácticas para unha correcta relación profesional.
• Poñer en valor a ilustración como actividade profesional e activo cultural.
Timeline da campaña Ninja
Abril 2016
Lanzamento da web guianinjadoilustrador.org , na que se publicou semanalmente o «Decálogo Ninja» ilustrado. O decálogo tamén se difundíu via facebook e twitter.
Xullo 2016
O Decálogo Ninja recompilouse nun PDF de libre descarga (en galego e castelán). Na primeira semana os pdfs Ninja superaron as 5000 descargas. Hoxe pasan das 25.ooo.
Agosto 2016
Lanzamento da Guía Ninja en papel (galego). 1000 exemplares, actualmente esgotada.
Outubro/novembro 2016
Ciclo de Charlas Ninja nas escolas de arte galegas que ofertan estudos de ilustración.
[Ver Charla Ninja-A Coruña en Youtube]
Marzo-xuño 2017
ExpoNinja dentro da MiiC (Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea) no Auditorio de Galicia (Compostela)
Quen fai a Guía Ninja?
Esta guía é unha iniciativa da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI)
Coordinación: Alberto Guitián
Revisión lingüística e de contidos: Henrique Torreiro
Redacción: Alberto Guitián, María Álvarez,
Manel Cráneo, Santy Gutiérrez, Henrique Torreiro
Ilustración Ninja: José Domingo
Ilustracións viñetas: Manel Cráneo, Bernal Prieto,
Jorge Peral, Nuria Díaz, Santy Gutiérrez, José Domingo,
Alberto Guitián, Leandro Barea, Ictioscopio
Asesoramento xurídico: Isabel Méndez
Asesoramento fiscal: Gestoría Otero
Desenvolvemento web: CeroUn
Comunicación e ‘social media’: The Office
Deseño versión impresa + pdf: A Casa ateigada
Agradecementos: FADIP, APIC, ATA, Leandro Barea, Grafiscopio.com
e todas as persoas, entidades e medios que nos permiten compartir
información e contidos.
[Descargar kit de prensa] (zip, 3M)
Este proxecto conta co apoio de