A forza dos creativos freelance é a unión e a información. Un colectivo profesional informado, activo e con obxectivos comúns é un colectivo profesional máis forte. As asociacións profesionais de ilustradores traballan nesta dirección para facer valer os dereitos do ilustrador e acadar maior recoñecemento para toda a profesión. Ler máis “10. Infórmate, asóciate”
Etiqueta: mercado
6. Negociar tratos, descifrar contratos
Os contratos formalizan xuridicamente as relacións profesionais, regulando o uso que cedes do traballo e o beneficio que percibes. Por tanto, hai que familiarizarse coa lexislación, a terminoloxía contractual e os dereitos de autor. O teu descoñecemento do que asinas nun contrato só te pode prexudicar a ti. Ler máis “6. Negociar tratos, descifrar contratos”
5. Poñer prezo ao teu traballo
Unha das cousas que máis preocupa a un freelance é saber canto cobrar. O ilustrador freelance debe coñecer e saber aplicar os baremos sobre os que taxa o seu traballo. E non só iso: debe saber defender as súas tarifas e ter habilidades de negociación. Lembra que negociar é un diálogo, non un monólogo por parte do cliente. Fai a túa parte. Ler máis “5. Poñer prezo ao teu traballo”