Os contratos formalizan xuridicamente as relacións profesionais, regulando o uso que cedes do traballo e o beneficio que percibes. Por tanto, hai que familiarizarse coa lexislación, a terminoloxía contractual e os dereitos de autor. O teu descoñecemento do que asinas nun contrato só te pode prexudicar a ti. Ler máis “6. Negociar tratos, descifrar contratos”
Etiqueta: negociación
5. Poñer prezo ao teu traballo
Unha das cousas que máis preocupa a un freelance é saber canto cobrar. O ilustrador freelance debe coñecer e saber aplicar os baremos sobre os que taxa o seu traballo. E non só iso: debe saber defender as súas tarifas e ter habilidades de negociación. Lembra que negociar é un diálogo, non un monólogo por parte do cliente. Fai a túa parte. Ler máis “5. Poñer prezo ao teu traballo”
4. O cliente ‘ilustrado’ é mellor cliente
Sempre é desexable que a relación ilustrador-cliente sexa fluída, respectuosa e satisfactoria para ambas as partes. O cliente informado e comunicativo, o que coñece o oficio do ilustrador e recoñece o valor do seu traballo, é un cliente óptimo. Pero tamén hai clientes que non saben (ou non queren saber) como funciona o oficio. Ler máis “4. O cliente ‘ilustrado’ é mellor cliente”