10. Infórmate, asóciate

A forza dos creativos freelance é a unión e a información. Un colectivo profesional informado, activo e con obxectivos comúns é un colectivo profesional máis forte. As asociacións profesionais de ilustradores traballan nesta dirección para facer valer os dereitos do ilustrador e acadar maior recoñecemento para toda a profesión. Ler máis “10. Infórmate, asóciate”

9. Os papeis do ilustrador

Como todo profesional freelance que desenvolve a súa actividade en España, o ilustrador debe asumir unhas condicións burocráticas, fiscais e de cobertura sanitaria bastante áridas e incómodas. Neste post resumimos estas condicións e deixamos algunhas recomendacións para que levar os papelames non se che converta nun viacrucis. Ler máis “9. Os papeis do ilustrador”

8. Plaxios e usos indebidos

Cada vez son máis habituais os usos indebidos, roubos e plaxios de creacións gráficas. O ilustrador debe coñecer as ferramentas legais e xurídicas para facer valer os seus dereitos fronte a este tipo de infraccións. E, no posible, debe reclamar compensacións proporcionadas aos danos causados.
Ler máis “8. Plaxios e usos indebidos”

7. Débedas e faltas de pagamento

Se es freelance ten por seguro que isto che sucederá nalgunha ocasión, se é que non che pasou xa: un cliente que non paga. Nalgúns casos reclamar unha factura non pagada pode ser sinxelo, pero noutros pode acabar sendo esgotador. Se non queda máis remedio, veraste obrigadx a acudir a un avogado, pero antes hai algúns pasos que podes dar para tentar o cobramento: Ler máis “7. Débedas e faltas de pagamento”

6. Negociar tratos, descifrar contratos

Os contratos formalizan xuridicamente as relacións profesionais, regulando o uso que cedes do traballo e o beneficio que percibes. Por tanto, hai que familiarizarse coa lexislación, a terminoloxía contractual e os dereitos de autor. O teu descoñecemento do que asinas nun contrato só te pode prexudicar a ti.  Ler máis “6. Negociar tratos, descifrar contratos”

5. Poñer prezo ao teu traballo

Unha das cousas que máis preocupa a un freelance é saber canto cobrar. O ilustrador freelance debe coñecer e saber aplicar os baremos sobre os que taxa o seu traballo. E non só iso: debe saber defender as súas tarifas e ter habilidades de negociación. Lembra que negociar é un diálogo, non un monólogo por parte do cliente. Fai a túa parte.  Ler máis “5. Poñer prezo ao teu traballo”

4. O cliente ‘ilustrado’ é mellor cliente

Sempre é desexable que a relación ilustrador-cliente sexa fluída, respectuosa e satisfactoria para ambas as partes. O cliente informado e comunicativo, o que coñece o oficio do ilustrador e recoñece o valor do seu traballo, é un cliente óptimo. Pero tamén hai clientes que non saben (ou non queren saber) como funciona o oficio.  Ler máis “4. O cliente ‘ilustrado’ é mellor cliente”